Warning!

O Popcorn Time reproduce filmes e series de TV dende torrents


Seica o descargar material con copyright pode ser ilegal no teu país. Úsao baixo a túa responsabilidade.

Que é isto do Popcorn Time?

O Popcorn Time é a obra dun feixe de programadores e deseñadores axuntando unha morea de APIs diferentes, para conseguirmos que a túa experiencia ó veres filmes polo torrent sexa o máis molona posible.

O noso é un proxecto de código aberto. Somos de todos os sitios do mundo. Mólannos moito os días de sofá, peli e mantiña. E meu, por suposto, degoiramos uns bos flocos de millo.

O Popcorn Time funciona con torrents, correcto. Estou entón a sementar cando vexo un filme?

Efectivamente. Estarás a subir partes do filme namentres esteas a velo co Popcorn Time.

Qué podo facer para protexerme mentres descargo torrents?

O VPN é un xeito de engadir seguridade e darlle anonimato ás conexións de internet, usando tecnoloxía de cifrado de última xeración. Protéxeche contra a monitorización e fai que non sexa posible rastrear a túa identidade durante o proceso, agochando a túa dirección IP, para que poidas usar internet—Popcorn Time incluído—dun xeito seguro e anónimo.

Popcorn Time VPN

Onde van os filmes cando remato de velos?

os nosos filmes ficarán agochados no teu directorio temporal, onde sexa que o teñas, ata que reinicies o teu ordenador. Nese momento esvaeceranse. Aínda así, en Preferencias podes escoller a opción de gardalos.

Ides facer unha nova versión?

Semella que sí. Pero aínda non sabemos cándo. Actualizaremos a nosa páxina e avisarémosche via Facebook, Twitter, Reddit e Google+ cando a teñamos lista.

Cómo é que tendes os filmes máis recentes?

Procuramos nos filmes subidos por YTS. Mellor pregúntalles a eles como o fan!

Por qué é que faltan capítulos?

Collemos os capítulos de series de TV dende EZTV/KAT/RARBG. Por mor das limitacións nos códecs de video e audio, sómosche moi selectivos co que lanzamos via API. É por iso que ás veces falta algún capítulo.

Ides engadir máis filmes na miña lingua?

O máis probable é que a maioría (se non todos) os filmes dispoñibles no Popcorn Time estarán en inglés. Aínda así, os subtítulos e a propia app están a ser traducidos constantemente polos nosos apreciados contribuidores.

Por qué non dou iniciado o Popcorn Time?

Seica o teu sistema pode estar a impedir o inicio de aplicacións non asinadas.
Vai aPreferencias do Sistema > Seguridade > Permitir aplicacións baixadas dende > Todos os sitios

e tenta iniciar de novo o Popcorn Time.

  • $ chmod +x /Applications/Popcorn\ Time.app/Contents/MacOS/node-webkit
  • $ chmod +x /Applications/Popcorn\ Time.app/Contents/Frameworks/crash_inspector
  • $ chmod +x /Applications/Popcorn\ Time.app/Contents/Frameworks/node-webkit\ Helper.app/Contents/MacOS/node-webkit\ Helper
  • $ chmod +x /Applications/Popcorn\ Time.app/Contents/Frameworks/node-webkit\ Helper\ EH.app/Contents/MacOS/node-webkit\ Helper\ EH
  • $ chmod +x /Applications/Popcorn\ Time.app/Contents/Frameworks/node-webkit\ Helper\ NP.app/Contents/MacOS/node-webkit\ Helper\ NP

Non dou pasado da pantalla inicial de "Por favor, espera..." :(

Seica estás a vivir nos dominios da Raíña Isabel, non é? Sentímolo pero agora mesmo non podemos axudarche.

Por qué non podo escoller os subtítulos?

Tes que esperar ata que se cargue toda a información da película (portada, resumo, duración, etc...) As veces tamén pode ser por outro motivo!

Estades a planexar o lanzamento para Apple TV/Smart TV/Commodore 64?

Agora mesmo os nosos esforzos concéntranse en mellorar as plataformas existentes para ver filmes por torrent. Polo que lanzar versións para outras plataformas non está aínda na nosa folla de ruta.


Cando ides lanzar a aplicación para iOS?

Cando os nosos desenvolvedores crean que está lista.

Teño aínda un feixe de preguntas, onde as fago?

Our Forum

Podes facelas nas nosas conferencias, onde os nosos desenvolvedores tentan responder todas as preguntas. E aínda que eles non teñan tempo, sempre poderá haber alguén da comunidade que che poida botar unha man.